Un mestre de escola reprende a un alumno por un comentario racista nunha redacción só para recibir as ameazas do pai do rapaz e a reprobación do director do centro . Esta é a premisa da que parte a que foi a derradeira obra do escritor austríaco Ödön Von Horváth -e que lle custaría o exilio -
Escrita en 1937 e prohibida polo réxime nazi en 1938 ,Mocidade sen deus ofrécenos un relato , sutil e cru a un tempo , do imparable avance do pensamento totalitario no seu tempo , do paulatino enbrutecemento dunha sociedade .