0
MERCEDES TELLA COMAS(1868-1934)
-5%

MERCEDES TELLA COMAS(1868-1934)

Mestra e directora da Escola Normal de Mestras da Coruña

ANA ROMERO MASIÁ

21,00 €
19,95 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
BAIA EDICIONS S.L.
Ano de edición:
2022
Materia
Ensaio
ISBN:
978-84-9995-386-1
Páxinas:
239
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
BAIA ENSAIO
Idioma:
Galego
21,00 €
19,95 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debía ter na sociedade. Podería ter un posto merecido na historia da Coruña con so realizar o traballo docente e de Dirección da Escola Normal durante máis de 20 anos, pero non se conformou con iso senón que redobrou o seu traballo e esforzo demostrando que as mulleres podían e debían estar presentes e actuando de forma activa na vida cultural, científica e social, sen esquecer a colaboración na atención á infancia fóra das aulas ou aos presos nos cárceres.

Admiradora de Concepción Arenal, estreita colaboradora de Manuel Casás, de pensamento conservador e católico, non dubidou en defender valores progresistas en educación como a defensa da coeducación ou o papel que debían ter os libros e os xogos na educación da infancia, o que lle permitiu ser unha das más destacadas renovadoras da pedagoxía das Escolas Normais en Galicia no primeiro terzo do século XX.

Mercedes Tella Comas, da que só se publicaran até o momento breves perfís biográficos elaborados con datos fragmentarios, é unha das afortunadas coruñesas que Ana Romero Masiá elixiu para lle dedicar todo o seu bo facer, toda a súa entrega e talento, coa finalidade de nos ofrecer esta máis que completa monografía. Tella saltou do século XIX ao XX, cunha bagaxe de coñecementos e experiencias pouco común nas mulleres do seu tempo, e atravesou tres décadas do XX para se converter, xunto con outras compañeiras de oficio, nunha das artífices das transformacións das Escolas Normais no primeiro terzo do século. Ao longo das páxinas deste sólido ensaio, a autora recupera a vida e obra dunha mestra —que non foi anónima porque en vida gozou de gran recoñecemento público— e faino de forma exhaustiva e documentada. Nada escapa á pescuda perseverante, á ollada atenta de Ana Romero, investigadora moi rigorosa, do que xa deu mostras na súa extensa bibliografía. Por cinxírmonos ás investigacións de xénero, aí están, por exemplo, os seus traballos sobre as cigarreiras coruñesas, as salgadeiras e conserveiras galegas, ou os dedicados á reconstrución biográfica de figuras senlleiras da nosa historia como María Barbeito: unha vida ao servizo da escola e dos escolares (2014), ou os que fixo en colaboración con Carlos Pereira sobre o asociacionismo feminino progresista da Coruña ou sobre Emilia Calé Torres.

Saudamos con ledicia a aparición deste libro, que, para alén de reconstruír a inspiradora vida de Mercedes Tella, contén un interesante aparato gráfico e uns valiosos anexos (discursos, conferencias, crónicas xornalísticas sobre diferentes intervencións) que permiten coñecermos ben o seu pensamento. Un excelente contributo para ir completando a historia das mulleres galegas, que aínda ten bastantes páxinas en branco [...].

(do Limiar, Aurora Marco)

Artículos relacionados

  • MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL -5%
    MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL
    CARLOS F. VELASCO SOUTO
    Recolhe-se neste livro um feixe de trabalhos focados na história comtemporânea da Galiza, nomeadamente em dous campos: por um lado, no da questom identitária do nosso país, vinculada á construçom de um sistema literário e umha historiografia nacionais; e, por outro lado, no das relaçons sociais, da conflitualidade e das luitas de classe na Galiza e no vizinho Portugal, igualmen...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • LA ESPECIE INADAPTADA -5%
    LA ESPECIE INADAPTADA
    JOSÉ MONTERO OMENAT
    La especie animal más dominante de la historia, el Homo sapiens, podría morir de éxito. El cerebro que nos llevó a la Luna nunca dejó de ser el mismo que movía a nuestros ancestros del Paleolítico, el que les mantenía en permanente alerta frente a depredadores y otros peligros mortales. Un cerebro tribalista, preparado, no para hacernos felices, sino eficaces, en un mundo en el...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • EN EL PRESENTE HAY DRAGONES: REPENSAR LA HISTORIA EN LA EDAD INCÓGNITA -5%
    EN EL PRESENTE HAY DRAGONES: REPENSAR LA HISTORIA EN LA EDAD INCÓGNITA
    FERNANDO HERNÁNDEZ SÁNCHEZ
    Hubo un tiempo en que se creyó que la caída del Muro de Berlín daba paso a una nueva era, pero lo que se extendió durante las casi tres décadas siguientes fue la «contemporaneidad tardía»: un nuevo reparto de cartas, pero la misma partida, con los ganadores y los perdedores de siempre. 2020 constituye verdaderamente el umbral de una nueva era. La pandemia fue una experiencia gl...
    En stock

    18,00 €17,10 €

  • ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL -5%
    ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL
    ANTOM GARCIA RODRIGUES
    A chegada de galegos e galegas a Lisboa remonta a cerca de cinco séculos, embora tenha sido a partir do século XVIII que se registaram os maiores fluxos. Na adaptação ao novo meio, assumiram ofícios duros e agruparam-se em corporações como aguadeiros, taberneiros ou carvoeiros, ganhando progressivamente reconhecimento e integrando-se de forma profunda na vida lisboeta. Os vest...
    En stock

    11,95 €11,35 €

  • NO SOY DE UN PUEBLO DE BUEYES -5%
    NO SOY DE UN PUEBLO DE BUEYES
    JOSÉ MANUEL QUEROL SANZ
    Un abuelo amigo de Besteiro y encarcelado por el franquismo y unos padres que en el peor de los tiempos callaron sueños, tragaron rabias, escondieron lágrimas y se apretaron el cinturón en pos de que sus hijos crecieran sin conocer la humillación y el odio homicida son el fondo genealógico desde el que José Manuel Querol piensa el siempre escurridizo ser de España. El país del...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • MEMORIA DO VIVIDO -5%
    MEMORIA DO VIVIDO
    XOSÉ RAMÓN FANDIÑO
    Memoria do vivido (Alvarellos Editora) reúne17 textos nos que Xosé Ramón Fandiño deixatestemuño dunha vida consagrada á nosa cultura.Reúnense evocacións, entrevistas e artigosdispersos que, no seu conxunto, constitúen unverdadeiro foro de reflexión sobre a historiarecente do noso país.Fandiño é filólogo, editor, tradutor e polígrafocomprometido. Polo seu labor profesional, puid...
    En stock

    21,50 €20,43 €

Outros libros do autor