0
MEMORIAS DE CARA B
-5%

MEMORIAS DE CARA B

FERNANDO A. FERNÁNDEZ DOMONTE

24,00 €
22,80 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL ELVIRA
Ano de edición:
2025
Materia
Relatos
ISBN:
978-84-129921-3-7
Páxinas:
521
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
VARIOS
Idioma:
Galego
24,00 €
22,80 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Nestas Memorias de Cara B reúnense vinte e cinco relatos, todos baseados en feitos reais, contados en primeira persoa por quen os viviu, ben como protagonista, actor secundario ou mera testemuña. Non se narran neles sucesos transcendentes, senón vivencias curiosas —cotiás ou sobrevidas— que lle poderían pasar a calquera. Pero o autor enxéñase para, dalgún xeito, converter en categoría o que semella unha sinxela anécdota, deixando ao descuberto a intrahistoria dun acontecemento, o inopinado carácter dun artista ou os latexos duns anos concretos.
Dado o seu estilo claro e directo, este libro resulta de fácil lectura, ao que contribúe de maneira decisiva o seu gusto literario e o fino humor que se albisca a cada pouco.
Atravesando o espello, asoman a estas páxinas citados polos seus nomes e apelidos, personaxes do máis diverso. Entre eles, coñecidos pintores, escritores, músicos ou actrices e actores, como Laxeiro, Fernando Zobel, Xosé Guillermo, Blanco Amor, Méndez Ferrín, José Afonso, Georges Moustaki, Dorotea Bárcena, José Luis Gómez, Gloria Muñoz ou Manuel Manquiña. E ata algún que outro singular taberneiro, como o célebre Elixio, que foi queimador maior de Galicia.
Calquera pode topar nestes relatos —sen ningunha outra pretensión— o deleitoso pracer da lectura, porque Fernando A. Fernández Domonte é un gran contador de historias. Pero abofé que moitos serán quen se conmovan ao sentilos como experiencia propia.

Artículos relacionados

  • DEFUNTOS E SANTOS INOCENTES -5%
    DEFUNTOS E SANTOS INOCENTES
    FERNANDO CABEZA QUILES
    Defuntos e santos inocentes consta de 63 relatos curtos, escritos en primeira persoa cun estilo áxil e doado, que invita a unha lectura amena, divertida e relaxada, o que non está en absoluto rifado co compromiso soical dos escritos, que denuncian de maneira inequívoca e decidida, máis tamén literaria e non panfletaria, as inxustizas ás que nos ten acostumado este mundo inmundo...
    En stock

    19,00 €18,05 €

  • AS DONAS DA NOITE -5%
    AS DONAS DA NOITE
    LIONEL REXES
    Un grupo de estudentes abandona a cidade por uns días co obxectivo de artellar con calma a implantación dun sindicato no ámbito universitario, porén, a vida na casa familiar dun deles, situada nunha área rural totalmente allea ao seu modo de vida, obrigaraos a establecer contacto cun mundo que por veces lles resulta extravagante. Coincidindo coa chegada dos rapaces, un estraño ...
    En stock

    17,00 €16,15 €

  • CORPUS -5%
    CORPUS
    RAQUEL MIRAGAIA
    Ausência. Silêncio. Futuro. Beleza. Entre estes quatro pontos cardinais, Raquel Miragaia constrói os corpos. A ausência da distância, da morte, da solidão. O silêncio da vingança, do segredo, da cumplicidade. O futuro do horizonte, da indignação, o futuro que se estraga, o solipsismo sem futuro. A beleza do delírio, do mar, da infância.Os corpos destes catorze relatos cuidam ou...
    En stock

    14,00 €13,30 €

  • EN GALEGO, EN CURTO, EN GALICIA -5%
    EN GALEGO, EN CURTO, EN GALICIA
    PEDRO NAVEIRA
    Este conxunto de relatos curtos ten un contexto común, tan pequeno en aparencia como infinito en realidade: o da nosa terra galega. Unha visión crúa e sen ambaxes da alma mariñeira. A Galicia profunda. A solidariedade en clave galega. Un achegamento ao mundo das meigas e os espíritos, que habelos hainos. Unha viaxe pola liña, ás veces imperceptible, que delimita o mundo real e...
    En stock

    14,00 €13,30 €

  • A GARZA ALUCINADA -5%
    A GARZA ALUCINADA
    Con xa trinta e catro edicións ás costas, o Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo publica por cuarto vez os últimos relatos premiados baixo a protección deste animal xa totémico que inspira, se non o Certame, ao menos as máis recentes edicións dos textos vencedores.Nesta ocasión somos cativados por unha pernilonga alucinada que, afectada pola intensidade e a pr...
    En stock

    18,50 €17,58 €

  • MICRORRELATOS (2023-2024) -5%
    MICRORRELATOS (2023-2024)
    O presente volume reúne os textos gañadores da Vª e VIª edición do Certame de Microrrelatos Día do Libro, organizado polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ en 2023 e 2024. Son en total dezasete composicións, pertencentes a tres categorías: Infantil, Xuvenil e Persoas adultas. ...
    En stock

    12,50 €11,88 €

Outros libros do autor

  • UN CURSO CON CARLOS OROZA -5%
    UN CURSO CON CARLOS OROZA
    FERNANDO A. FERNÁNDEZ DOMONTE
    Durante os anos da súa vida bohemia en Madrid, o gran poeta oral Carlos Oroza (Viveiro, 1923û Vigo, 2015) compartiu piso por uns meses con Fernando A. Fernández Domonte, quen a través dos dez breves, divertidos e reveladores relatos que conforman este libro, nos achega ao particular xeito que o poeta tiña de encarar a vida; ao seu proverbial carácter rebelde e contraditorio, de...
    En stock

    14,00 €13,30 €

  • 1ªED.CONTOS DA BEIRAMAR -5%
    1ªED.CONTOS DA BEIRAMAR
    FERNANDO A. FERNÁNDEZ DOMONTE
    Nestes Contos da beiramar ficción e realidade mestúranse como envoltas pola mesma onda . Haberá quen dean por certos moitos dos feitos que neles se narran , mentres que sobre outros pensarán que non son máis que produto da imaxinación do autor . Pero podería ser xustamente ao revés . Porque ficción e realidade fanse mutuos préstamos para poñer diante dos ollos do lector vivenc...
    En stock

    19,80 €18,81 €