Martín Eden é un rexo mariñeiro de San Francisco a que o amor por unha moza burguesa e a súa ambición o leva a poñer todo o seu empeño en converterse en escritor . Pasando fame e quitándolle horas ao sono , Eden logra , en apenas un par de anos , compensar as carencias formativas das súas orixes e converterse nun autor recoñecido.
A miúdo mal interpretada como un eloxio do individualismo , Martin Eden é a novela máis autobiográfica de London , e cóntase entre os clásicos de cabeceira de moitos dos grandes autores da literatura anglófona .