0
MAMÁ
-5%

MAMÁ

Unha novela gráfica de Glória Vives sobre esa aventura cotiá que é ser nai.

GLÓRIA VIVES

17,00 €
16,15 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDICIONS EMBORA
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-19853-22-6
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
VARIOS
Idioma:
Galego
17,00 €
16,15 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos


Por moito ou pouco que te prepares, por moitas ou poucas que sexan as túas expectativas, por moitos ou poucos casos que coñezas, non podes facer unha idea exacta do que é converterse en nai.

Glória Vives cóntanos (como mellor sabe: debuxando) a súa experiencia desde que naceu Júlia —a súa primeira filla, como foi o seu segundo embarazo e o nacemento de Abril. Como son os días cun bebé, as noites, que pasa coa parella, coa decoración do salón, como cambian as túas lecturas, a túa forma de vestir… Todo.

É un libro próximo, cun gran sentido do humor, moi tenro e, sobre todo, un libro no que che ves reflectida como nai. Se o es, é imposible lelo e que non se che escape un sorriso lembrando as túas propias vivencias. Se non o es aínda, é unha boa forma de coñecer a realidade. Ao final, demóstranos que ser mamá non é como cho contaron. É mellor.