- Editorial:
- CANELA PRODUCIONS, EDITORIAL ETNOGRAFICA
- Ano de edición:
- 2026
- Materia
- Relatos
- ISBN:
- 979-13-991680-3-7
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- FILSO DA BOVIA
- Idioma:
- GALEGO DE ASTURIAS
LONXE DEL CHAM E OUTRAS HISTORIAL
PALOMA GARCÍA MÉNDEZ
Cóntanse aquí seis historias.
A máis longa, Lonxe del Cham, traza un filo que vai desde el Mediterráneo oriental asta a costa
Cantábrica tecendo ligazois fondas e inesperadas, queridas por el destino ou por el azar.
Z e Nemosina é un conto navideño que transcurre nun mundo distópico onde fixándose
ben einda brilla úa raiolía de esperanza.
Juglans regia e Quercus robur, noceira e carballo, dan nome a dous relatos ben distintos, pero
que tein en común as súas presencias totémicas, que nos son tan queridas.
Manuel e os lumes e Diálogo evocan dalgún xeito a dous homes que viviron nel Eo-Navia. Un
delos tuvo que esperar muito pra cumplir el sou soño; el outro foise axina, pero lo que deixou
feito e lo que prometía chegar a fer nesta Terra, que sentíu como súa, merece non ser esqueicido.