Libro dos lugares desenvolve unha aventura literaria en liberdade . Unha viaxe aos lugares imantados , itinerario dos encontros nunha fusión de xéneros .
Un remuíño de relatos que nos levan á arte , á literatura e á vida . Esculcas de pulsión creativa , pensamento imaxinativo , itinerario do devalo vital.Ensaio , poesía , crónica , narrativa , memoria , soño ... Que vén ser o Libro dos lugares ?
<< Esta obra , ensaio ascensional , vén ser o que Gaston Bachelard chamaría " a transfiguración do peso en luz ". Enterrádeme de pé no Libro dos lugares ".
Manuel Rivas