É precisa unha campaña de popularización e difusión masiva da letra e da partitura do Himno Galego, íntegras e restauradas. Trinta e tres anos após a promulgación da Lei de Símbolos, semella tempo máis que suficiente para promover a súa corrección e para que todas as galegas e todos os galegos o podamos facer noso, coa súa letra enteira ( catro estrofes) e verdadeira ( fiel ao que Eduardo Pondal esrebeu). Esta pequena monografía quer contribuír a tal fin.