Preséntase aquí , nunha magnífica edición que constitúe un luxo auténtico , os Estatutos de Autonomía para Galicia que foron aprobados en 1936 e 1981 . A idea da súa publicación conxunta ten a indudable utilidade de que o lector poida comparalos , o que permitirá tirar importantes conclusións sobre as relevantes semellanzas e as non menos notables diferenzas que é posible observar entre dúas normas que tiñan ó cabo un obxetivo coincidente : concederlle á rexión galega un réxime de autonomía política que lle permitise autogobernarse dentro da unidade do Estado do que Galicia forma parte desde tempo inmemorial .