- Editorial:
- KALANDRAKA
- Ano de edición:
- 2022
- Materia
- Ilustracion
- ISBN:
- 978-84-1343-177-2
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- PREMIOS COMPOSTELA
- Idioma:
- Galego
ESPERANDO O AMENCER
ANCHORENA, FABIOLA
O sol, a lúa e a chuvia levan semanas sen deixarse ver
pola selva e todo está envolto nunha longa noite.
Os animais do bosque amazónico diúrnos e nocturnos, que
corren, voan ou nadan, que roxen ou grallan, preocupados
porque xa non recoñecen o seu fogar, emprenden unha viaxe
para descubrir por que non amence.
O texto poético e o emotivo tratamento da cor en
Esperando o amencer son as ferramentas das que
se serve Fabiola Anchorena para desenvolver esta necesaria
chamada de atención ante a explotación e destrución que
a Amazonia sofre desde hai décadas. Un álbum que tamén
nos invita a reflexionar sobre os incendios forestais,
un fenómeno que se acelerou nos últimos anos
polos efectos do cambio climático e que desgraciadamente
se converte en noticia cada verán.