Cando un se achega por primeira vez á poesía de Xurxo Alonso ben logo se decata de que se atopa ante unha voz esencial . As entidades coas que dialoga na súa escrita son os arcanos maiores da poética de todo tempo : o fluír da vida , o limes da morte , o sentido último da escrita . E , arroupándoo todo , unha singular xeografía de luces e sombras, de texturas de cor que ora se esvaen ora pigmentan o ar creando singulares atmosferas para as que só é quen a coloratura do seu verso ....