0
EDELMIRO MÉNDEZ (2ªED.). DA TERRA QUE FOMOS.
-5%

EDELMIRO MÉNDEZ (2ªED.). DA TERRA QUE FOMOS.

AA.VV

35,00 €
33,25 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
CANELA PRODUCIONS, EDITORIAL ETNOGRAFICA
Ano de edición:
2026
Materia
Fotografia
ISBN:
979-13-991680-0-6
Páxinas:
276
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
IMAXES DUN PAIS
Idioma:
Galego
35,00 €
33,25 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos


O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz na súa segunda edición
revisada, contén 226 fotografías das que 219 foron tiradas en branco e negro por Edelmiro
Méndez entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lugués da Pontenova, conformando un
conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local
tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas, cando iniciaba a transformación que se consolidaría
anos despois.
A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden o obxectivo
da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen mantiñan
unha relación próxima propiciada pola súa empatía e por ter exercido anteriormente como
zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo.
O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo rexistra desde o
nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas, romarías, xogos, divertimentos, vodas,
mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola, festivo, etc.
Completan a obra os textos de bos coñecedores do traballo fotográfico de Edelmiro Méndez,
como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José M. Salgado, fotógrafo profesional e editor
gráfico desta obra; Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente
na Universidade de Vigo, e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.

Artículos relacionados

  • HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO -5%
    HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO
    XESÚS BÚA
    O fotógrafo muxián Xesús Búa retratou desde hai moitos anos os percebeiros das cofrarías de pescadores de Camelle, en Camariñas, e de Muxía mariscando nas pedras das Lobeiras, Punta da Barca, Punta da Buitra, cabo Touriñán...A través da historia gráfica que nos propón neste libro, o autor describe a xornada completa de traballo destes percebeiros da Costa da Morte, desde que a...
    En stock

    35,00 €33,25 €

  • GALICIA. UN MUNDO POR DESCUBRIR.A WORLD TO DISCOVER. -5%
    GALICIA. UN MUNDO POR DESCUBRIR.A WORLD TO DISCOVER.
    EDURNE BAINES / RICARDO GROBAS
    Fotografías: Ricardo Grobas. ...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • 30 CASTELOS E TORRES GALEGAS PARA DESCUBRIR UN REINO -5%
    30 CASTELOS E TORRES GALEGAS PARA DESCUBRIR UN REINO
    HÉITOR PICALLO FONTES(COORD.)
    Patrimonio arquitéctonico, medio ambiente e lexislación. O proxecto que aquí lanzamos ten entre os seus obxectivos dar a coñecer trinta castelos e torres sobranceiras do patrimonio arquitectónico e histórico galegos. E sinalamos tamén histórico pois, aínda que algúns só conservan os seus alicerces ou reducidas estruturas, están ateigados de acontecementos relevantes que cómpre ...
    En stock

    69,90 €66,41 €

  • ESTA TIERRA AGRACIADA -5%
    ESTA TIERRA AGRACIADA
    LEE FONTANELLA
    El fotógrafo irlandés Edward King Tenison y su esposa, la también fotógrafa, escritora y pintora Lady Louisa, realizaron un largo viaje por España entre el otoño de 1850 y la primavera de 1853. Fruto de su estancia española fue el libro de Lady Louisa Castile and Andalucía, publicado en Londres en 1853 con bellas ilustraciones, realizadas en su mayoría por Lay Louisa, y una col...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • GÁRGOLAS DE COMPOSTELA / COMPOSTELA GARGOYLES -5%
    GÁRGOLAS DE COMPOSTELA / COMPOSTELA GARGOYLES
    BENXAMIN VÁQUEZ GONZÁLEZ / XAIME CORTIZO SEDANO
    Santiago de Compostela é quizais a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas -enigmáticas, divertidas, transgresoras- que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta guía selecciónanse 30 das máis singulares, unha ollada nova e moi sorprendente desta capital. ...
    En stock

    16,90 €16,06 €

  • O PÁLPITO INTERIOR. TON VAN VLIET -5%
    O PÁLPITO INTERIOR. TON VAN VLIET
    TON VAN VLIET / LUISA CASTRO
    Chegou a Galiza por accidente. Pregúntou onde acampar nun bar da estrada nacional e foi dar a Agolada, a onde regresaría nos seguintes veráns. Máis de vinte anos despois, damos luz ao traballo inédito do fotógrafo Ton Van Vilet (Países Baixos,1956), nun libro capaz de retratar apaixonadamente a Galiza dos anos 70 e 80. Unha road movie particular, ateigada de corredoiras, rostr...
    En stock

    20,00 €19,00 €