- Editorial:
- UNIVERSIDADE DE VIGO
- Ano de edición:
- 2021
- Materia
- Dicionarios
- ISBN:
- 978-84-8158-897-2
- Páxinas:
- 821
- Encadernación:
- Tapa dura
- Colección:
- VARIOS
- Idioma:
- GALEGO DE ASTURIAS
DICIONARIO DO GALEGO DE ASTURIAS
DGA
Carlos Xesús Varela Aenlle
O Dicionario do Galego de Asturias (DGA), naceu da necesidade imperiosa de recoller a riqueza léxica da área lingüistica dialectal da comarca do Eo-Navia , formada por dezanove concellos , seguindo as directrices do catedrático Francisco Fernández Rei . O xermolo procede dun proxecto concibido polo insigne filólogo Dámaso Alonso e recollido posteriormente pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA). Ata hoxe en día só existía unha serie de vocabularios dalgúns concelllos ou lugares , pero ningún proxecto comarcal no seu conxunto.
O Dicionario é a suma da anánlise desas fontes publicadas e da fundamental recolleita feita a un bo feixe de informantes . A obra estrutúrase en entradas , frases feitas , refráns e lugares de recollida do termo . En conclusión , é unhas contribución precisa ao corpus lingüistico galego , e un agradecemento inmenso aos eonaviegos, polo seu amor na conservación da lingua galega século tras século , malia os numerosos atrancos, aínda sendo conscientes que se trata dun proceso aberto a novas incorporacións.