Un pasaxeiro é atopado morto nun tren e, inda que, a primeira vista, semella unha morte natural, pronto xurdirá a sospeita de asasinato. Entrementres, non moi lonxe de alí, na apracible viliña na que a vítima pasara as súas últimas horas, comeza a rexurdir un escuro segredo que leva máis de corenta anos soterrado. O inspector Jarek Doria terá que descubrir se ambos os feitos están relacionados e escarvar nas causas dunha traxedia oculta durante moito tempo.
Novela de misterio ó máis puro estilo de Agatha Christie.