Ana Romaní naceu na vila coruñesa de Noia en 1962. Actriz de dobraxe e xornalista, na actualidad é directora do programa Diario Cultural, emisión diaria da Radio Galega que leva en antena tres anos. No ano 1981 obtén o primeiro premio de poesía do certame Xente Nova na Poesía Galega. A súa obra poética figura nas antoloxías Queimar as Meigas(1988), Festa da Palabra(1989), e Escolma da Poesía Galega 1975-1984(1984).