0
CINZA
-5%

CINZA

Baseado na novela A nosa cinza de Xavier Alcalá

MANEL CRÁNEO

27,00 €
25,65 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
DEMO EDITORIAL
Ano de edición:
2023
Materia
Banda deseñada
ISBN:
978-84-126120-9-7
Páxinas:
136
Encadernación:
Cartoné
Colección:
VARIOS
Idioma:
Galego
27,00 €
25,65 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Cinza é a adapatación de Manel Cráneo do long-seller A nosa cinza, de Xavier Alcalá,con máis de 80000 exemplares vendidos. Conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a dictadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia.

Cinza e unha obra univesal e intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario. A morte asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso acosa, abafa os sentimentos; imponse a Foramación do Espiríto Nacional Católico empeñado en agochar o galeguismo.

Artículos relacionados

  • A PAUSA -5%
    A PAUSA
    ANA MOREIRAS
    O 14 de marzo do 2020 o goberno español decretou o estado de alarma sanitaria e impuxo un confinamento xeral que impedise a expansión da pandemia de covid-19 que todo o mundo estaba sufrindo desde poucas semanas antes. Nese tempo todos e todas vivimos nunha especie de limbo existencial onde convivimos co medo e a esperanza, onde experimentamos soidade e tenrura, onde puxemos en...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • OS LOBOS DE MOECHE E OUTRAS HISTORIAS MEDIEVAIS -5%
    OS LOBOS DE MOECHE E OUTRAS HISTORIAS MEDIEVAIS
    MANUEL CRÁNEO
    No ano 1497, na cidade italiana de Boloña, Martín de Ferreira asina un libro coas súas memorias no que lembra os feitos que fixeron que pasase de ser un mozo labrego a converterse nun home do renacemento. Xunto ao seu irmán Lopo vivirá, nas terras do Eume, unha intensa aventura marcada por dramáticos acontecementos, nunha época socialmente afogada polo sistema feudal, onde a xe...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • MULLERES EN COMPOSTELA. Volume II -5%
    MULLERES EN COMPOSTELA. Volume II
    ENCARNA OTERO CEPEDA / DANIEL PAGANS
    Compostela, territorio de mulleres, abre nesta segunda entrega, novos camiños: mulleres que fixeron roteiros, comadres de vidas. Por iso, elas tamén contaron. Traballaron, viviron, iluminaron a súa contorna, coidaron, amaron e fixeron andainas de sosego e de loitas. Camiños nos que teceron redes, construíron amizades, con tenrura e rabia, con carraxe e amores para crear novos t...
    En stock

    15,00 €14,25 €

  • ALDARA (2ªED) -5%
    ALDARA (2ªED)
    INÉS VÁZQUEZ
    Un misterio que ameaza a vida tranquila dunha aldea afastada no medio do bosque, uns personaxes envelenados polo seu pasado e unha maldición xurdida na natureza.A primeira novela gráfica de Inés Vázquez. Con esta segunda edición o libro sumo xa catro impresións e pasa a ser un dos libros máis vendidos de Demo Editorial. ...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • OS MISTERIOS -5%
    OS MISTERIOS
    BILL WATTERSON E JOHN KASCHT
    Nesta fábula para o público adulto creada poloa utor de banda deseñada Bill Watterson, un reino pretérito vese afectado por desgrazas inexplicables. Coa esperanza de lle por fin a ese tormento, o rei envía os seus cabaleiros a descubrir a orixe de tan misteriosos acontecementos. Anos despois, un único e maltreito cabaleiro regresa a palacio. Para as ilustracións do libro, Watt...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • GLORIA -5%
    GLORIA
    PÍO BARREIRO / LOLA GARCERÁ
    A primeira novela gráfica de Lola Garcerá e Pío Barreiro supón unha viaxe a Compostela medieval durante a construcción do Pórtico de la Goria.Unha viaxe polo período románico con trazos de acción, aventura e intriga e unha personaxe feminina que achega unha nova visión sobre a creación artística no medievo. ...
    En stock

    20,00 €19,00 €

Outros libros do autor

  • ROXÍN ROXAL. A DAGA DO CONDE -5%
    ROXÍN ROXAL. A DAGA DO CONDE
    MANEL CRÁNEO
    A ponte do Porco agocha unha dramática historia: o nacemento dun heroe que se converterá en lenda para sempre. ...
    En stock

    14,90 €14,16 €

  • CORONA*BIOS -5%
    CORONA*BIOS
    MANEL CRANEO
    Estamos diante dun cambio radical nas nosas vidas ; de súpeto , a COVID-19 varía todo o que antes tiñamos como normal . E claro , o humorista reacciona , e aquí , con CORONA*BIOS , temos o resultado , en todos os aspectos da pandaemia , do confinamento e da vota á " normalidade " tratados con humor , sen ofender nun tema tan tráxico e tan complicado de abordar ... ...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • DESTINO HERGUSS -5%
    DESTINO HERGUSS
    MANEL CRANEO
    En stock

    23,00 €21,85 €

  • DIARIO DE PICHUK(PACK) -5%
    DIARIO DE PICHUK(PACK)
    MANEL CRANEO
    En stock

    25,00 €23,75 €

  • OS LOBOS DE MOECHE -5%
    OS LOBOS DE MOECHE
    MANEL CRANEO
    Disponible en 10 días

    19,90 €18,91 €