Brúa é unha banda orixinada na zona vella de Santiago de Compostela e conformada por reputados intérpretes do folk atlántico, valentes que non se deixan intimidar polo contexto e a incerteza, e que poderían facer parte da historia musical do futuro. Os seus integrantes participaron en gravacións e concertos con grandes artistas e bandas de folk de primeiro nivel, realizando como banda xiras polo circuito de salas e festivais europeos......
O disco debut deste virtuoso quinteto, novo e experimentado a un tempo, contén 10 pistas de musicalidade visceral pero precisa, pensada para conseguir esta atmósfera inigualábel dos seus directos. Basta con renderse á intemporalidade cada nota e deixar que o tempo fuxa.