A trama de Almuric xira arredor de Esau Cairn, home de temperamento violento, excelsa intelixencia e portentosa forza física que é transportado a Almuric, un planeta ignoto e hostil onde se verá envolto nunha serie de enfrontamentos cada vez máis cruentos, descritos cun ritmo trepidante e un fondo filosófico - en parte tamén relixioso- que polo demais é común a toda a obra de Howard. Esta peza de innegábel interese literario, que se publicou pola pirmeira vez fragmentada en tres partes en cadanseus números da famosa revista Weird Tales en 1939, resulta un libro ideal para os amantes da literatura de acción no campo de batalla. boa proba de que esta novela -unha das poucas que escribiu Howard- é importante dentro do seu xénero, reside no feito de que adoita ser antologada, segue a ser reeditada e traducida e conta con versións en banda deseñada.