Após a Caída, o que ficaba do mundo rexurdiu baixo o despotismo ilustrado e tecnolóxico da Homologación, gobernada por seres humanos co asesoramento de poderosas IAs e que encarna os ideais do Estado convertido nun Leviatán de plena eficiencia. Toda a cidadanía, os privilexios hoi oligoi e os comúns hoi polloi, viven en paz e participan na Narración, un fluir cultural no que se mesturan todas as influencias, movementos e obras dos séculos pasados, e onde todos poden achegar as súas ideas e gozar dos seus pordutos. Nunhas décadas, todos os humanos serán yousheng, seres mellorados xeneticamente cunha intelixencia prodixiosa e alta esperanza de vida.