Conxunto de reflexións poéticas sobre as dificultades que o século XXI, supón para as persoas, levadas polo baleiro das redes dixitais, as incertezas do futuro que está preto e a aniquilación de feitos que antes nos acompañaban. A conclusión non é doada, obríganos a unha loita suplementaria que ás veces non somos quen de artellar. A lingua galega destes versos tamén acubilla algunha frase e expresión noutros idiomas occidentais para amosar un diálogo simbólico nestes tempos imprevisibles e de mudanza.