A presente obra, titulada A Volta e outros relatos é quizais a obra máis xenuinamente galega do autor. Nela reflicte a nosa terra e as súas xentes dende o principio ata o final. Todas as narracións desenrólanse a principios do século vinte e abarcan diversos escenarios e protagonistas. Dende "A Volta " ata " Homes de Mar ", os protagonistas son xente do campo, xente das vilas , xentes do mar, cregos, avogados, médicos,... + un mosaico de xentes e escenarios que se mostran ao través de múltiples tramas e situacións, que fan vivir aos personaxes, e transmiten ao lector emocións, recordos e cousas que, ainda que moitos non as vivisen, terán coñecido polos seus antepasados que si as viviron, ou souberon de primeira man, como eran aqueles tempos.