- Editorial:
- KALANDRAKA
- Ano de edición:
- 2019
- Materia
- Primeiros leitores
- ISBN:
- 978-84-8464-480-4
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- MAKAKIÑOS
- Idioma:
- Galego
A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA (BATA)
A.R. ALMODOVAR
Había unha vez unha nena chamada Carapuchiña Vermella.
A súa avoa regaláralle unha capa vermella, cunha carapucha contra o frío.
Un día, a súa mamá díxolle:
Vai á casa da avoa, que está enferma...
A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella é un dos contos tradicionais máis coñecidos que se incorpora á colección
Makakiños, onde tamén hai relatos de autor adaptados ao sistema de pictogramas, xunto coa serie Día a día, formada por guías
de apoio que facilitan a autonomía e a intercomunicación
coa contorna. Esta iniciativa pioneira impulsada pola Asociación
BATA e KALANDRAKA permite achegar a lectura ás persoas
con necesidades de apoio educativo e facerlles comprensible
o mundo da fantasía, axudando a romper as barreiras
da incomunicación.