0
A SILVEIRA
-5%

A SILVEIRA

DA SILVA, KIKO

35,00 €
33,25 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
RETRANCA EDITORA S.L.
Materia
Banda deseñada
ISBN:
978-84-122411-5-0
Páxinas:
384
Encadernación:
Tapa dura
Colección:
VARIOS
Idioma:
Galego
35,00 €
33,25 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Advertencia a navegantes , que non por obvia semella inútil nestes tempos de éticas líquidas , purezas esixidas e hipersensibilidades agresivas nos que vivimos: Kiko Da Silva leva sendo Kiko Da Silva máis de corenta anos . É un tipo polifacético , con matices , con contradicións ( coma calquera ) , coas súas teimas e as súas opinións .
A Silveira é un traballo de opinión e análise da actualidade , non un estudo historiográfico académico en fascículos diarios . Supoño que quen decida pagar o diñeiro que custe este libro non vai chegar de novas , pero mellor incluílo xa no prospecto .

Kiko Da Silva , nesta morea de viñetas que van compoñendo A Silveira , é mordaz , irónico , lúcido , vehemente , atinado , ocorrente . E o seu debuxo , aquí ao cento por cento ao servizo da idea , dunha eficacia rotunda. Non se me ocorre outro cualificativo máis apropiado para A Silveira ca o de brillante .

Artículos relacionados

  • O PACTO DO LETARGO -5%
    O PACTO DO LETARGO
    MIGUELANXO PRADO
    Os seres e os feitos marabillosos que escapan ás leis da Natureza e a Ciencia están presentes na maioría das crenzas e as relixións . E aparecen sempre agrupados en dúas castes antagónicas : bos e ruíns , anxos e demos , fadas e bruxas..... E o ser humano queda aí , no medio , loitando coa súa propia natureza ambivalente . Cando menos , así o contamos nós mesmos , os humanos ....
    En stock

    23,00 €21,85 €

  • 2ªED. A CAUSA DO CRIME -5%
    2ªED. A CAUSA DO CRIME
    TOKIO
    Vigo , 1984 . Xusto antes da primeira folga xeral galega , a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba , que está a traballar nese momento no lugar dos feitos . Para desmontar a súa inocencia , Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista , e ambos os dous acabarán descubrindo unhas intencións moi distintas...
    En stock

    13,90 €13,21 €

  • O PEXEGO MECANICO -5%
    O PEXEGO MECANICO
    VICTOR TIZON
    Sentado á porta do mercado , onde Rosendo vende pan de figo , o coello canta aquela de Los Chichos : > . Rosendo vende tamén pan de centeo ( > en castelán fundamentalista ) , revolto de allos con ollos e fanegas de fanecas fanadas . Aos bos clientes , cando vai frío , agasállaos cun groliño de licor de pescada . Por diante pasa unha hipotética hipotenusa espeluxada coa súa fil...
    En stock

    13,90 €13,21 €

  • O POBRE TOLO (2ªED.) -5%
    O POBRE TOLO (2ªED.)
    INACIO / IVAN SUAREZ
    Corre o ano 1934 , e Castelao é desterrado a Badaxoz por mor da súa actividade política . Naquela cidade sentirase como un estraño , maís a súa situación non lle impedirá coñecer outros galegos que alí viven , nin interesarse pola situación social de Estremadura . Nas súas viaxes a Portugal adquire un exemplar da obra O pobre tolo , de Teixeira de Pascoaes , que marcará esta et...
    En stock

    13,50 €12,83 €

  • PLOT POINT -5%
    PLOT POINT
    FERNANDO LLOR / ESTEBAN HDEZ
    Imaxinas ser un deses actores ou actrices que hoxe triunfan nunha serie de éxito e mañá se ven obrigados a anunciar eses iogures que regulan á perfección o tránsito intestinal ? Pois iso é o que temen Jaime e os seus , a Asociación de Boas e Bos Actrices e Actores ( a ABBAA ), polo que decidiron secuestrar a Lidia Baulló , nada menos que a showrunner máis importante do momento ...
    En stock

    18,00 €17,10 €

  • FRIAXE -5%
    FRIAXE
    RAPOSA
    Raposa e Yolanda Castaño propoñen nesta banda deseñada unha viaxe espacial ata un futuro incerto navegando polos versos de Novalis ... Deixtae levar... Non é oxímoro dicir que a noite do espazo exterior e de Novalis poden seguir deitando luces . En darlles novos lustres consiste explorar novas interpretacións capaces de levalas a novos horizontes . Como o dunha versión que a...
    En stock

    13,90 €13,21 €