0
A MÚSICA DOS DESPRAZADOS
-5%

A MÚSICA DOS DESPRAZADOS

Teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII

JAVIER GÁNDARA FEIJÓO

20,00 €
19,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
ACENTRAL FOLQUE
Ano de edición:
2026
Materia
Musica
ISBN:
979-13-990115-6-2
Páxinas:
224
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
SONORA URBANA
Idioma:
Galego
20,00 €
19,00 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

A música dos desprazados propón unha lectura innovadora da historia cultural galega a partir do estudo do teatro musical e das artes escénicas entre mediados do século XVIII e comezos do XIX. A obra parte de dúas hipóteses centrais: que moitos dos elementos que hoxe se consideran característicos da identidade galega foron configurados a través de representacións teatrais e musicais creadas hai máis de dous séculos e medio, frecuentemente fóra de Galicia; e que a colectividade galega e as persoas vinculadas á farándula compartiron experiencias históricas de mobilidade, emigración e desprazamento que contribuíron a modelar imaxinarios e formas de pertenza
A través dun percorrido que oscila entre a realidade histórica e a ficción escénica do setecentos, o libro revela unha Galicia plural, urbana e rural ao mesmo tempo, intensamente conectada con outros territorios da Península Ibérica e do espazo atlántico. Fronte á imaxe dun país culturalmente periférico ou empobrecido, a investigación mostra a existencia dunha sociedade dinámica, integrada en amplas redes de intercambio artístico e intelectual.

O volume constitúe tamén unha achega relevante ao estudo das relacións entre cultura e identidade colectiva, ao analizar como a música, o teatro e os espectáculos públicos contribuíron á formación de determinados discursos sobre Galicia e os galegos, algúns dos cales continúan presentes no imaxinario contemporáneo.

Como valor engadido, a publicación incorpora a edición diplomática da Representación a San Roque, unha obra teatral do século XVIII que permanecía inédita ata o presente. O texto conserva extensas pasaxes en lingua galega nun período no que o seu uso público estaba fortemente limitado, converténdose nun documento de excepcional interese para a historia cultural e lingüística de Galicia.

Artículos relacionados

  • LUBRE -5%
    LUBRE
    LUAR NA LUBRE
    30 persoeiros do mundo do eido da cultura nas súas distintas modalidades ofrécennos as súas respectivas achegas, relacionadas co 40 aniversario de Luar Na Lubre e/ou a voz lubre e a súa inclusión, por fin, no Dicionario da Real Academia. Neste traballo, a palabra LUBREelévase como un ritual escrito e sonoro deseñado para abrir as portas do bosque sagrado. Todo gravita arredor d...
    En stock

    29,00 €27,55 €

  • PEQUEÑAS CANCIONES GRANDES VOCES -5%
    PEQUEÑAS CANCIONES GRANDES VOCES
    JESÚS SÁEZ MARTÍN / MARGARITA MUÑOZ ESCOLAR
    Este cuaderno de bitácora está pensado para quienes enseñan o animan a cantar, desde el aula hasta el ensayo coral. Nacido de la experiencia semanal con un coro escolar de primaria, ofrece recursos prácticos y accesibles para disfrutar de la voz, mejorar la técnica vocal y desarrollar la musicalidad. A través de canciones breves y versátiles, propone ejercicios de respiración, ...
    En stock

    18,50 €17,58 €

  • CANCIONEIRO GALEGO SERODIO (1989-2012) (Inclue CD) -5%
    CANCIONEIRO GALEGO SERODIO (1989-2012) (Inclue CD)
    XABIER DÍAZ
    Despois de catro décadas de ollada e atención ás músicas e líricas dun pobo, este cancioneiro é una pequena pinga no tempo, sen lugar a dúbida. Chamámoslle “serodio” xa que o seu ámbito temporal pon o foco no último cuarto do pasado século e apenas as primeiras décadas deste que nos toca transitar, mais non por iso ten menos interese ou valor e mesmo trae descubertas e apuntes ...
    En stock

    25,00 €23,75 €

  • CANCIONEIRO DA RIBEIRA DE PIQUIN -5%
    CANCIONEIRO DA RIBEIRA DE PIQUIN
    XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ REI / NOEMÍ GARCÍA RODRIGUEZ
    Música , etnografía e literatura popular fúndase no Cancioneiro da Ribeira de Piquín , que compila máis de 200 cantares tradicionais recollidos no concello ou en zonas próximas , unha parte froito do traballo de documentación en arquivos e cancioneiros e outra da recollida directa .A obra conta cum completo estudo introdutorio , lingüistico e histórico , no que se analiza o ti...
    En stock

    18,00 €17,10 €

  • MENIÑOS CANTORES - VOLUME 2 -5%
    MENIÑOS CANTORES - VOLUME 2
    VELOSO TRONCOSO, SANTIAGO / CARITA BENGALA, LOURDES / FEIJOO RAPELA, XERARDO
    Meniños Cantores 2: Cantamos nós! é unha viaxe por centros educativos dos concellos limítrofes galegos e portugueses para dar a coñecer o patrimonio común. Este proxecto, promovido por Ponte... nas ondas!, é o segundo volume, dezasete anos despois do exitoso primeiro lanzamento. Neste pack atoparás un libro con información sobre os centros participantes, textos de expertos do n...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • O ECO DAS ESTRELAS -5%
    O ECO DAS ESTRELAS
    ARBOR ALDEA, MARIÑA / SINGUL LORENZO, FRANCISCO / LUENGO, FRANCISCO / SALGADO MOSQUERA, JOSÉ M.
    O eco das estrelas é unha viaxe ao mundo musical da Idade Medial que se centra principalmente no cuadrante noroeste da Península Ibérica e que ten como guía e protagonista o Camiño de Santiago e a súa cidade de chegada , Santiago de Compostela , un centro cultural da máxima importancia nos séculos XII e XIII.O libro está dividido en catro partes , redactadas , cada unha delas ...
    En stock

    64,00 €60,80 €