Sen a lingua, Galicia queda muda. Polas condicións económicas, políticas, sociais e tecnolóxicas actuais, os case trinta anos que temos por diante semellan cruciais para o noso idioma.
A perda de falantes é unha evidencia. Esta morte pódese frear coa vontade do pobo que a fala, pero tamén do poder político e económico que manda no país.