O concilio dos reinos é a última esperanza para que as forzas humanas forxen unha alianza que poida facer fronte ao mal que ameaza Himedoc. Mais as antigas disputas obrigan a tomar difíciles decisións, entre elas, buscar a tumba de Helémodo, rei de reis, e procurar as chaves que abran as portas de Rogueldor.