- Editorial:
- DOS ACORDES, S.L.
- Ano de edición:
- 2013
- Materia
- Investigacions
- ISBN:
- 978-84-941322-2-3
- Páxinas:
- 97
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- DOS ACORDES TEXTOS
- Idioma:
- Galego
A LENDA DE MONTELONGO (ZARZUELA GALEGA)
JAVIER JURADO
A zarzuela galega A Lenda de Montelongo, con música do vilagarcián Bernardo del Río sobre libro dos seus paisanos e amigos Juan Bahigas e Manuel Rey Posse, estreouse en decembro de 1924 en Santiago de Compostela, xirando a continuación por diversas capitais galegas. Narra unha historia de amor entre dous mozos coa oposición dos pais dela que, finalmente, remataba ben. Na posta en escena interviñeron, ademais dos autores anteditos, o escenógrafo Camilo Díaz Baliña e o coro compostelán Cantigas e Agarimos, dirixido por Bernardo del Río. Dentro do libreto aparecen un bo número de referencias culturais, etnográficas e antrolóxicas, así como literarias, relacionadas con Galicia. Parte da música está baseada no folclore, ao empregar cancións recollidas nos ámbitos populares e unha sonoridade xeral claramente galega, se ben influída, como é lóxico, polo xénero chico español.