- Editorial:
- KALANDRAKA
- Ano de edición:
- 2016
- Materia
- Narrativa infantil
- ISBN:
- 978-84-8464-982-3
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- TRAS OS MONTES
- Idioma:
- Galego
A HISTORIA DO TOURO FERDINANDO
MUNRO LEAF / ROBERT LAWSON
?A historia do touro Ferdinando? é unha alegoría pacifista
e antibelicista moi estimada en numerosos países, e da que
se fixeron máis de 60 traducións. Recomendado en Rusia
e na India, onde foi o libro preferido de Gandhi, Hitler ordenou
a súa queima na Alemaña nazi e en España foi prohibido
por consideralo unha crítica contra a Guerra Civil.
KALANDRAKA recupera a primeira versión en branco e negro
deste clásico -aínda tan vixente- que data de 1936. A historia presenta un Ferdinando sensible que, fronte á bravura
doutros touros, prefire a tranquilidade dun prado e o arrecendo
das flores.