
- Editorial:
- TOXOSOUTOS, S.L.
- Ano de edición:
- 2025
- Materia
- Divulgacion e ensaio
- ISBN:
- 978-84-128986-6-8
- Páxinas:
- 325
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- VARIOS
- Idioma:
- Galego
A FRAGA ESBORRALLADA
Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos
PEDRO ALONSO IGLESIAS
Podería pasar horas dentro desas grandes cápsulas do tempo. Son como enormes cámaras hiperbáricas onde un pode regular a presión existencial. Alí baixo un teixo, ou un acibo, escudriñando o río desde a altura, atento a calquera movemento ou murmurio. Familias enteiras de porcas cos porquiños téñense sorprendido da miña presenza no medio do seu carreiro, dese que só andan elas, os corzos e, de cando en vez, as lobas. Paran, ventan os fociños ergueitos cara ao universo, berran contrariadas e arrodean o sitio onde, placidamente, contemplo a vida do bosque. Continúo cara o encontro co río e descubro pequenas planicies ribeiriñas, onde a espesura da selva é tal que impide que medre calquera outra especie arbustiva ou de mato leñoso. As camas compactas das follas secas alimentan herbas de todas clases. Moreas de terra salpican a chaira e os buratos anuncian a teixugueira. Un muro secular, tapizado copiosamente por vizosos brións e musgos delimita un espazo no que , xigante, un enorme carballo interroga desde hai 300 anos aproveitanto a súa posición dominante no bosque. Pequenas catedrais da natureza que, como deixou escrito Novoneyra, se refuxian na "vagoada máis sola e máis medosa".
A crónica dunha xeración e dun tempo de transformación da Galiza rural e salvaxe. O naturalismo como inspiración. Un persoal axuste de contas cos voceiros autóctonos do capitalismo depredador.