0
A FERIDA ABERTA
-5%

A FERIDA ABERTA

Premio de Poesía Avelina Valladares

RAFA VILLAR

13,00 €
12,35 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDICIONS FERVENZA
Ano de edición:
2025
Materia
Poesia
ISBN:
978-84-19840-62-2
Páxinas:
70
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
POESIA
Idioma:
Galego
13,00 €
12,35 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

A ferida aberta componse dunha cincuentena de poemas curtos, que combinan o radical intimismo que adoita caracterizar a poesía do autor coas preocupacións sociais do noso tempo ou a reflexión sobre o feito poético en si, xunto con dous poemas de maior extensión: <>, que fala da perda da memoria e da identidade persoal, e mais <> en que se conta o día a día dunha traballadora do fogar.

O libro erstá construido cunha linguaxe aparentemente sinxela, coa cal Rafa Vilar pretende construir un universo poético íntimo e delicado, evocador e cheo de matices. Presenzas como o mar, a chuvia ou a propia ferida que dá título ao conxunto son elementos centrais na poética do libro, unha poética na que ecoan voces de poetas como a luxemburguesa Anise Koltz ( unha cita dela abre o libro ), a arxentina Alejandra Pizarnik, o asturiano Antonio Gamoneda ou o portugués Eugénio de Andrade.

Así, A ferida aberta é unha nova singradura na poesia de Rafa Vilar, unha poesía que o autor concibe como un acto de linguaxe, de comunicación e reflexión sobre as cousas da vida e as angueiras do noso tempo.

Artículos relacionados

  • SEMPRE LELA -5%
    SEMPRE LELA
    ESTHER PIÑEIRO
    Os poemas deste libro, Sempre Lela, seguen a liña do poemario anterior Anacos dunha vida, volvo a reflectir as experiencias da vida, coas súas tristuras, desecantos e ledicias, momentos con sentimento e tamén inquedanzas, sobre a Nosa Terra,a emigración e a decadencia da nosa marabillosa lingua. ...
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • BERROS DO SILENCIO -5%
    BERROS DO SILENCIO
    JOSÉ TORRES PIÑEIRO
    Berros do Silencio insírise nesta traxectoria como unha obra especialmente significativa: un libro onde o poeta rompe definitivamente coa autocensura, transforma o silencio en berro e fai da poesía un acto de resistencia emocional. Cada poema é unha confesión, pero tamén unha chamada á conciencia, unha maneira de existir fronte ao esquecemento. ...
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • OS PAXAROS QUE NON PUIDERON VOAR -5%
    OS PAXAROS QUE NON PUIDERON VOAR
    ALBERTO PÉREZ RIERA
    Alberto Pérez Riera, fillo de pai galego(nado en Cedeira) e de nai catalá(nada en La Bisbal D`Empordá-Xirona),naceu en Caranza(Ferrol), no ano 1979, pero viviu dende pequeno nas Pontes de García Rodríguez, no poboado do Muíño, onde eran moitos nenos de familias que case todas viñan de fóra, debido á característica industrial do pobo. Estudou en Compostela Económicas, pero deix...
    En stock

    11,00 €10,45 €

  • TRÍADE TÉTRICA -5%
    TRÍADE TÉTRICA
    JAVIER GARCÍA GARCÍA
    " Atopámonos fronte a una triloxía cunha clasificación moi apropiada que lle dá coherencia ao todo; unha orixinalidade realmente exquisita e clara, tanto nos poemas de andamio común, como nos alucinantes xogos de palabras e regalos estéticos cheos de vida da de verdade. Un carácter poético, o de Javier García, intenso e que sabe do que fala,o terreo que pisa. Contundente, lindo...
    En stock

    11,00 €10,45 €

  • NOITICIDIO -5%
    NOITICIDIO
    Mª ROSA FERNÁNDEZ ARAÚJO
    "Noiticidio" é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do poemario e a medida que aumentan as horas ...
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • VOLVORETAS -5%
    VOLVORETAS
    GARCÍA FERREIRO
    Este poemario foi acollido con agarimo e parabéns pola crítica literaria do seu tempo. Decenas de escritores e xornalistas de toda a Península Ibérica loaron as virtudes, inspiración e pericia do poeta ourensán para a escrita..... ...
    En stock

    22,00 €20,90 €

Outros libros do autor