Emily Fox-Seton, de tan boa, parece parva. Malia a súa liñaxe nobre, parece destinada a coidar das vidas de todos os que a arrodean. Mais a súa vida vai cambiar cando coñeza o marqués de Walderhurst, un dos mellores partidos da alta sociedade británica de finais do século XIX.
Esta novela retrata unha protagonista inesquecible, chea de bondade e entusiasmo para superar todas as dificultades. Unha historia de romanticismo e intriga. Outra obra mestra da autora d'O xardín secreto.