"Existen verdades que sempre estiveron aí de xeito intermitente, aparecendo e desaparecendo en virtude dunha profundidade que as fai incómodas para a norma diaria. Unha desas verdades atinxe á linguaxe e permítenos lembrar que a primeira lingua non é a que chamamos materna ou natal. Antes, mentres, entre palabra e palabra, o ser humano (...) vive nunha rexión de ecos primordiais, silencios, rumores, sombras, sons quebrados."
 
						 
					 
                                                            
                                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                            