- morte de seu avó, John Grady Cole ten dezaseis anos e vive no rancho familiar de San -ngelo (Texas) fundado polos seus devanceiros. Mais a nai de John decide vender a propiedade e que o rapaz vaia a vivir con ela á cidade. John Grady non acepta a proposta e convence o seu mellor amigo, Rowlins, para que o acompañe nunha viaxe cara ao sur. Ambos os dous foxen a cabalo na procura da fronteira porque agardan atopar traballo de vaqueiros en México. Na longa cabalgada atoparán outro mozo, Jimmy Blevins, que semella escapar de alguén. O encontro marcará o destino da súa viaxe.