0

Búsqueda de Editorial : AIRA EDITORIAL / Colección : VARIOS 42 resultados

  • XULIA E AS CÓXEGAS DAS NUBES -5%
    XULIA E AS CÓXEGAS DAS NUBES
    DIEGO GIRÁLDEZ
    Xulia decidiu nacer antes do previsto.Xusto o día que ficou sen electricidade a TurboBarloventa, a máquina que fabrica nubes de vida.Haberá algo que poida substituír ? ...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • OS OITO MITOS DE PALERMO -5%
    OS OITO MITOS DE PALERMO
    ANTONIO SEIJAS
    Que nos evocan o nome das cidades míticas? Como se filtran no noso subconsciente as experiencias que vivimos? Como gobernan a nosa rutina os soños que nos fascinan?Este libro de poemas combina potentes imaxes visuais e un vertixinoso ritmo. Unha ferida literaria profunda. A obra que consolida a Antonio Seijas como autor literario ...
    En stock

    14,00 €13,30 €

  • MAMUT -5%
    MAMUT
    EVA BALTASAR
    Unha muller que busca o seu sitio nun mundo no que lle custa atopar acomodo. Unha masía que a piques da ruína se converte no seu refuxio. Unha novela fascinante que converte o aparentemente trivial en alta literatura grazas ao poder da linguaxe.Esta novela pecha a triloxía , coa que Eva Baltasar se converteu nunha das voces máis orixinais e poéticas da literatura contemporánea....
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • QUERO ESCRIBIR LITERATURA -5%
    QUERO ESCRIBIR LITERATURA
    MANUEL VEIGA TABOADA
    Ola, Se escolliches este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Escribir un conto, un poema, se cadra unha novela. Este no é un libro de receitas nin un manual. É unha invitación a deixarse levar polas palabras e as historias. ...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA/RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA -5%
    RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA/RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    MARÍA GLORIA DE ANTONIO RUBIO
    A Galicia actual garda, moitas veces ocultas a simpre vista, as pegadas da presenza da comunidade xudía durante séculos.Esta guía permite planificar unha visita a todos os espazos nos que a historia medieval se relacionou coa cultura hebrea.Lugares, tradicións, personaxes e obras de arte que forman parte fundamental do patrimonio galego. ...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • BOULDER -5%
    BOULDER
    EVA BALTASAR
    Á protagonista desta novela a súa moza chámalle Boulder, coma eses cons illados que aturan os vagallóns chantados no medio dos océanos. Mais que ocorrerá con esa muller que foxe de todo e de todos na procura da súa liberdade plena cando sinta que o amor está a piques de mudala para sempre? Nesta obra Eva Baltasar demostra que é unha das escritoras con máis personalidade e ofic...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • COMO FUNCIONA? -5%
    COMO FUNCIONA?
    PETER HINCKLEY
    Que atoparías se cortas pola metade unha máquina de escribir, unha pelota de golf, unha colmea, unha máquina expendedora ou até un carrusel? En Como funciona. A extraordinaria natureza das cousas máis ordinarias as mentes curiosas poderán botarlle unha ollada ao interior —literalmente— de extraordinarias estruturas e mecanismos dentro de obxectos cotiáns con rechamantes ilustra...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • POLLYANNA -5%
    POLLYANNA
    ELEANOR H. PORTER
    Pollyanna é unha nena orfa que da noite para a mañá debe mudar por completo de vida. A súa tía Polly é calada e moi seria e irrítase co bo humor, a fantasía e o «xogo» da súa sobriña. Pero en que consiste o «xogo»? En verlle o lado bo a todas as cousas, incluso a aquelas que parecen negativas de todo. Un clásico da literatura infantil cheo de tenrura, imaxinación. Un libro des...
    En stock

    18,00 €17,10 €

  • O LIBRO DAS MARABILLAS -5%
    O LIBRO DAS MARABILLAS
    MARCO POLO
    Setecentos anos despois, esta obra de Marco Polo segue fascinando porque nos transporta a un mundo real que parece mítico, a un continente cheo de contrastes, riquísimo en diversidade cultural, natural e xeográfica, berce de civilizacións onde a destrución e o luxo máis refinado conviven. O Libro das Marabillas é un manual para mercadores, escrito con sinxeleza e rigor; a prim...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • O ESPERTAR -5%
    O ESPERTAR
    KATE CHOPIN
    Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre. O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de inventar. As emocións da prot...
    En stock

    18,00 €17,10 €

  • O EMPERADOR DE PORTUGALIA -5%
    O EMPERADOR DE PORTUGALIA
    SELMA LAGERLÖF
    O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación e dos rumores na aldea....
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • OS LOBARIÑAS FEIXOO -5%
    OS LOBARIÑAS FEIXOO
    PERFECTO RAMOS RODRÍGUEZ
    Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros.Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVII, exerceu...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • A ESTIRPE DO ARCANXO -5%
    A ESTIRPE DO ARCANXO
    NATI REY
    Maia ten dezasete anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazónNovela Xuvenil de fantasía cotiá, protagonizada por unha personaxe inesquecible. Chea de humor, aventuras e algu...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • A PARTE DOS ANXOS -5%
    A PARTE DOS ANXOS
    EMMA PEDREIRA / CARLOS LAGO
    Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo, o arrepiante... en literatura, en beleza. ...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • AIRES DE POESÍA -5%
    AIRES DE POESÍA
    A Terra de Celanova é berce e refuxio de grandes poetas. Esta antoloxia reúne e fai cómplices entre si unha boa presada deles e delas. Forman parte desta escolma obras relevantes de:Anxo Angueira, Manuel Curros Enríquez, Suso Díaz, Xoán Carlos Dominguez Alberte, Castor Elices, Henrique Feixó, Celso Emilio Ferreiro, Castor Méndez..... ...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • POMBAIS DE ALLARIZ -5%
    POMBAIS DE ALLARIZ
    ANTONIO BLANCO RODRÍGUEZ / CARME BLANCO SUEIRO(Fotografías)
    O pombal é unha construcción arquitectónica popular, aparentemente sinxela e funcional que conserva gran parte da nosa historia. A cria de pombas non só ampliaba o autoconsumo de carne na Galicia tradicional, senón que era marca de status social.Este libro recolle os pombais do concello de Allariz, pero vai máis alá dun catálogo. É unha invitación á curiosidade e unha reivindic...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • BIGOTE DE TRES PELOS -5%
    BIGOTE DE TRES PELOS
    RITA DOALLO
    Que está a pasar na cara do Avó Luís? Vaites!, os tres pelos do seu bigote comezaron unha protesta. Teñen unha lista de demandas e todo. En que acabará todo isto?. ...
    En stock

    14,00 €13,30 €

  • ANIMAIS MÍTICOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO -5%
    ANIMAIS MÍTICOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO
    CÉSAR CEQUELIÑOS / JORGE CAMPOS
    Sabías que hai animais que habitan unicamente na imaxinación? Durante moitos séculos seres miticos espertaron a fascinación e o arrepío de moitas civilizacións. Ainda hoxe permanecen vivos en relatos e obras de arte. Con este libro coñecerás algunhas destas criaturas fabulosas e por que están ralacionadas cos diferentes roteiros cara a Santiago de Compostela. ...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • APRENDER A FALAR COAS PLANTAS -5%
    APRENDER A FALAR COAS PLANTAS
    MARTA ORRIOLS
    Esta historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos, perde a parella nun accidente de tráfico, só unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller e ía marchar da casa. Paula non só terá que superar o dó, senón tamén o rancor. Aprender a falar coas plantas foi a primeira novela de Marta Orriols, coa que decontado se c...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • TEORÍAS DO FIN -5%
    TEORÍAS DO FIN
    SEIJAS, ANTONIO
    XXXVII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE Dámosche a benvida ao final do mundo que coñeces. Non á fin senón ao fin, porque a nova fase que virá terá o seu particular propósito, as súas propias arelas e soños. Antonio Seijas debuta como poeta con este libro no que amosa unha gran capacidade para crear imaxes e ambientes que superan a mirada cotiá sobre o que nos arrodea para n...
    En stock

    13,00 €12,35 €

  • POESÍA COMPLETA ANOTADA -5%
    POESÍA COMPLETA ANOTADA
    KAVAFIS, KONSTANDINOS
    Os poemas de Konstandinos Kavafis están considerados entre os máis fermosos nunca escritos. A capacidade de evocar tempos pasados xunto coa precisa ollada sobre os grandes temas da Humanidade continúa atraendo admiradores, especialmente entre o lectorado máis novo. Por primeira en vez en galego publícase a súa Poesía completa anotada con detalles e explicacións sobre centos de...
    En stock

    24,90 €23,66 €

  • SOÑOS ELÉCTRICOS -5%
    SOÑOS ELÉCTRICOS
    CARIDE OGANDO, RAMÓN
    No futuro viviremos en cidades verticais, estratificadas por clases sociais en niveis que ou ben soben até o ceo ou se perden nas catacumbas dos sotos. Cidades protexidas por campás do sol, arrodeadas por un deserto letal. Nese futuro viviu Stevo Dádik, o protagonista desta novela de ciencia ficción clásica que gañou o Premio Blanco Amor de novela no 1992. Agora editamos a ve...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • HEIDI -5%
    HEIDI
    SPYRI, JOHANNA
    O toutizo do Metiu do Alpe, o veciño do que ninguén quere saber, vai ter que tomar conta da súa neta orfa, Heidi. A chegada da cativa á cabana do avó cambiará para sempre a súa vida. Chega á colección ‘Clásicos ilustrados' unha novela inesquecible, un clásico da literatura alemá, un tesouro da cultura suíza. Unha reinvidación da vida sinxela, un canto de gratitude aos dons que ...
    En stock

    32,95 €31,30 €

  • 21 POETAS DO SÉCULO XXI -5%
    21 POETAS DO SÉCULO XXI
    Carlos Da Aira selecciona poemas de Zaira Ferradás, Sara Sanz, Sara Faro, Juan Carlos Rocamonde, Antía Balvís, Clara Blanco, Jorge Moral, Lucas Gago, Fabián Niño, Lorena Fernández, Isolda Comesaña, Ángela del Canto, Lois Xosé Gayoso, Silvia García, Nee Barros, Andy da Fonte, Ana Fraile Somoza, Paula Varela, Noé González, Mariña Maceiras e Rosalía Bernárdez. 21 voces de poetas n...
    En stock

    9,00 €8,55 €

  • FRANKENSTEIN (RÚSTICA) -5%
    FRANKENSTEIN (RÚSTICA)
    MARY SHELLEY / SAMUEL SOLLEIRO (TRADUCCIÓN)
    Subtitulado O Prometeo Moderno.Versión inédita en galego da edición do 1818 (considerada canónica) deste clásico da literatura inglesa. Edición de luxo dentro da colección Clásicos Ilustrados en galego', con ilustracións de Miguel Robledo e tradución de Samuel Solleiro. Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Shelley segue a ser unha obra indispensable, chea...
    En stock

    17,00 €16,15 €

  • O XARDÍN SECRETO -5%
    O XARDÍN SECRETO
    Frances Hodgson Burnett / Carlos Freire(Trad.)
    Mary Lennox é unha nena orfa que se ten que mudar á mansión do seu tío, en Yorkshire, ao norte de Inglaterra, un territorio dominado pola natureza indómita do páramo. Afeita a mandaricar, grazas á sua criada Martha e ao xardineiro Ben Weatherstaff descubrirá os beneficios do aire puro, a natureza e, sobre todo, os xardíns. O día que descubra unha chave enterrada e coñeza a Dick...
    En stock

    17,00 €16,15 €

  • O QUE A MAREA ESCONDE -5%
    O QUE A MAREA ESCONDE
    MARIA ORUÑA
    Todo está pronto para a festa de homenaxe ao es tenista Basil Rallis a borda da goleta La Giralda , nas fermosas augas da baía de Santander cando a organizadora , a arrebatadora Judith Pombo, aparece morta encerrada no seu camarote . Todos os invitados pasan a ser sospeitosos nun caso de asasinato aparentemente imposible . María Oruña homenaxea as novelas de > nesta emocionant...
    En stock

    20,90 €19,86 €

  • UN DIA DE FESTA EN ... ALLARIZ -5%
    UN DIA DE FESTA EN ... ALLARIZ
    CESAR CEQUELIÑOS / JPRGE CAMPOS
    Todo pronto para coñecer un lugar fermoso , cheo de historia e de natureza , con moitas cousas para facer , para compartir e para lembrar . Unha viaxe que nunca esquecerás . ...
    En stock

    8,00 €7,60 €

  • O PASO DO NOROESTE -5%
    O PASO DO NOROESTE
    XAVIER QUEIPO
    Edición conmemorativa do XXV aniversario da publicación. Nas vésperas da Revolución francesa, a finais do século XVIII, a nave L¦Épée parte da Bretaña coa misión de atopar unha vía segura que conecte o Atlántico e o Pacífico a través do -rtico occidental. Esta novela, de viaxes e aventuras, de marabilla e derrota, é un dos grandes libros de Xavier Queipo, e nel condensa moitos ...
    En stock

    9,95 €9,45 €

  • XA VAI O GRIFFON NO VENTO -5%
    XA VAI O GRIFFON NO VENTO
    ALFREDO CONDE
    Durante o reineado de Felipe II de Habsburgo , na década do 1580 , chega a Compostela o novo Inquisidor , coa misión de rematar co contrabando de libros prohibidos . Na década do 1980 ,un escritor en crise dá clases de Literatura en Aix - en - Provence , Francia , buscando algunha idea para unha nova novela . Ambas historias , aparentemente distantes , van coincidir a través ...
    En stock

    9,95 €9,45 €


01 02