POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

 

1. RESPONSABLE

A. Datos de contacto da empresa Responsable

A empresa responsable dos datos solicitados mediante esta páxina web é CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A., con dirección en AVENIDA DA ESTACIÓN, 25, (36812) REDONDELA (PONTEVEDRA) e CIF núm.: A3642919. Vostede poderá contactar coa persoa responsable mediante o seguinte correo electrónico: oficina@coegal.com ou no teléfono: (+34) 986 405 051.

B. Identidade e datos de contacto da persoa representante: XOÁN MIGUEL PAZOS CASTELO.

 

2. FINALIDADE

A. Descrición ampliada dos fins do tratamento.

Xestión de clientes, contable, fiscal e administrativa.

Publicidade e prospección comercial.

Comercio electrónico.

B. Prazos ou criterios de conservación dos datos.

Conservaremos os datos durante o tempo que sexa necesario para atendermos a solicitude e cumprir coas obrigas legais exixidas.

Os datos que vostede nos facilita serán conservados mentres sexan necesarios para as finalidades indicadas no punto 2.1., ou tamén serán almacenados polo tempo exixido polas distintas lexislacións aplicables.

C. Decisións automatizadas, perfís e  lóxica aplicada.

Os datos recollidos mediante a páxina web non serán utilizados para tomar decisións automatizadas.

 

3. LEXITIMACIÓN

A. Lexislación aplicable.

Art. 6, apartado 1 letra a. Que considera o consentimento da persoa interesada como unha base lexítima para o tratamento de datos persoais contidos neste ficheiro.

Art. 6, apartado 1 letra b. Que considera a execución dun contrato como unha base lexítima para o tratamento de datos persoais contidos neste ficheiro.

B. Detalles da base xurídica do tratamento, nos casos de obriga legal, interese público ou interese lexítimo.

O uso dos datos que nos facilita faise lexítimo debido a que vostede nos facilita o seu consentimento ou autorización para empregarmos os seus datos coas finalidades indicadas no punto 1.1.

C. Obriga a non facilitar datos e consecuencias de non facelo.

Non está obrigado a facilitarnos os datos; no entanto, será necesario para poder xestionar as suxestións ou peticións que necesite facernos mediante a páxina web.

 

4. ENTIDADES E PERSOAS DESTINATARIAS

A. Entidades destinatarias ou categorías de persoas destinatarias.

Organizacións ou persoas directamente relacionadas coa empresa, Administración pública con competencia na materia.

B. Decisións de adecuación, garantías, normas corporativas vinculantes ou situacións específicas aplicables.

Non existen.

 

5. DEREITOS

A. Como exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento.

A persoa interesada poderá coñecer, modificar ou eliminar os datos que a empresa posúa sobre a súa persoa mediante correo electrónico facilitando o seu NIF ou ben por correo postal a AVENIDA DA ESTACIÓN, 25, (36812) REDONDELA (PONTEVEDRA). A persoa interesada poderá transferir os seus datos a outra entidade ou ben limitar os xa existentes que a empresa posúa sobre a súa persoa mediante correo electrónico facilitando o seu NIF ou ben por correo postal a AVENIDA DA ESTACIÓN, 25, (36812) REDONDELA (PONTEVEDRA).

B. Dereito a retirar o consentimento prestado.

A persoa interesada poderá retirar os datos que a empresa posúa sobre a súa persoa mediante correo electrónico facilitando o seu NIF ou ben por correo postal a AVENIDA DA ESTACIÓN, 25, (36812) REDONDELA (PONTEVEDRA).

C. Dereito a reclamar ante a Autoridade de Control.

A persoa interesada poderá reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos sobre toda incidencia que poida xurdirlle.

 

6. PROCEDENCIA

A. Información detallada da orixe dos datos.

Facilitados pola propia persoa interesada.

B. Categorías de datos que se tratan.

Nome e Apelidos

NIF

Dirección postal, código e localidade

Teléfonos fixo e/ou móbil

Correo electrónico