
Máis vistas
Valores éticos 1º ESO
Detalles
VISUALIZA O PRÓLOGO DE FEDERICO MAYOR ZARAGOZA
Elaborados por profesores e profesoras do Seminario Galego de Eduación para a Paz, entidade que desde hai 30 anos ven elaborando numerosos recursos didácticos de formato variado: libros de texto, unidades didáctivas, xogos, audiovisuais, recursos en definitiva para aprendermos a resolver os conflitos pacificamente, por medio da palabra, da man tendida fronte da man alzada, como diría Federico Mayor Zaragoza, que avala este proxecto.
Os textos seguen estritamente o marcado polo currículo para a materia polas autoridades educativas que indican "Valores Éticos deben centrarse en dotar aos alumnos e alumnas dos instrumentos de racionalidade e obxectividade para que os seus xuízos valorativos teñan o rigor e a coherencia e a fundamentación racional que requiren, co fin de que as súas eleccións sexan dignas de guiar a súa conduta, vida persoal e relacións sociais".
Cada libro estrutúrase en 6 unidades coincidentes cos bloques temáticos que determina o currículo, que son:
1. A dignidade da persoa.
2. A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais.
3. A xustiza e a política.
4. A reflexión ética.
5. Os valores éticos, o dereito e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía.
Hai actividades de diversa tipoloxía, que non teñen por que ser realizadas todas, senón que se elixen unhas ou outras en función do grupo; tampouco a orde é determinante, pero si a busca de "aprender a ser".
Información adicional
Editorial | Baía Edicións |
---|---|
Colección editorial | Libro de texto |
Nº de páxinas | 86 |
Ilustración | Non |
Autoría | Seminario Galego de Eduación para a Paz |
ISBN / EAN | 978-84-9995-164-5 |
Ano | 2015 |