Máis vistas

Química 2.º Bach. LOMCE

SKU:0021000133
€32,24

Dispoñible

Details:

O texto de Química que segue a continuación, dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelato, resulta da revisión e modificación de edicións anteriores segundo o Decreto 86/2015 do 25 de xuño que estabelece o Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia dentro do marco da Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro (LOMCE) que modifica certos aspectos da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.


 

Detalles

Os contidos do texto organízanse en oito temas. Nos Temas 1 e 2 trabállanse o segundo bloque do Currículo: ‘Orixe e evolución dos compoñentes do Universo’. Os Temas 3, 4, 5 e 6 correspó´ndense co terceiro bloque: ‘Reaccións químicas’. O Tema 7 trata o cuarto bloque: ‘Síntese orgánica e novos materiais’. Ademais engádese o Tema 0 como repaso dalgúns aspecto fundamentais que se estudaron no Primeiro curso de Bahcarelato, por considerar que pode ser necesaria a súa revisión como punto de partida ou para a preparación da Avaliación Final de Bacharelato.

O primeiro bloque do currículo, ‘A actividade científica’ traballarase de xeito simultáneo ao resto dos bloques. Así, todos os temas inclúen Prácticas de laboratorio, que permiten planificar, realizar, presentar e avaliar deseños experimentais. Polo mesmo propóñense Actividades TIC baseadas na realización de pequenos proxectos de investigación con procura, análise e elaboración de información, empregando as tecnoloxías de información e da comunicación como ferramenta. Estas actividades pódense realizar en grupo, polo coxunto da clase, ou individualmente. Con todo isto os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe do primeiro bloque cobran sentido en relación cos dos outros bloques e a química vincúlase coa presenza na vida cotiá e coas súas respercusións en numerosos ámbitos da sociedade actual.

En cada tema faise un desenvolvemento teórico da materia, acompañado dunha serie de ‘Exercicios resoltos’ que pretenden servir de guía e axuda ao alumnado para traballar dos distintos estándares de aprendizaxe. Ademais, ao final de cada tema formúlanse unha serie de ‘Actividades propostas’ que pretenden enfrontar o alumnado a situacións problemáticas que deberán resolver pondo en xogo os saberes adquiridos. Estas actividades levan indicada a solución numérica para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos e fomentar a competencia de aprender a aprender.

Co fin de facer unha revisión do estudado, inclúense unha serie de ‘Actividades de repaso’ con solucións numéricas ao final de cada unidade. A maioría destas foron propostas nas PAU ( anos 2006 a 2015), porque se ben na LOMCE desaparecen as antigas probas de acceso á Universidade, ata o momento son a principal referencia de probas externa e poden servir para preparar a Avaliación Final de Bacharelato. Aínda que esta sexa tipo test é de esperar que a principal diferenza consista en que se pida a solución correcta entre varias propostas.

Completa este texto os mapas conceptuais ao final de cada tema, que pretenden facilitar a integración e interiorización da unidade, e tamén un apéndice final coas principais constantes físicas e químicas, fácil de consultar para o alumnado.

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL

Información adicional

Editorial Baía Edicións
Colección editorial Libro de texto
Nº de páxinas 376
Ilustración Non
Autoría Domínguez Real, Manuela
ISBN / EAN 978-84-9995-196-6
Ano 2016