
Máis vistas
Cociña caseira galega
Detalles
Nieves Feros, avoa, nai... cociñeira de profesión até a súa recente xubilación, deleitou coa súa sabedoría e bo facer na cociña á clientela do Restaurante La Bombilla, divulgadora dos seus coñecementos con dous libros anteriores a este -esgotados- e nos cursos organizados pola asociación estradense de Amas de Casa, onde demostrou que para facer bos pratos só -é non é pouco- se necesita moito cariño e bos produtos naturais, dos que felizmente o noso país é potencia mundial. Coas súas máis de 300 receitas, na que destacamos, pola súa importancia na Estrada, as realizadas con base no salmón, presentado por ela como o auténtico "rei da comarca", Nieves proponnos, cunha linguaxe próxima e accesible mesmo para as persoas que non estean moi habituados a ler en galego, perder o medo aos fogóns e practicar no día ao día o exercicio, sempre gratificante, de elaborar os nosos propios pratos. Cociña caseira galega é, sen dúbida e ante todo, un antídoto á cociña rápida, á globalización gastronómica, á vez que unha homenaxe sincera a todas as mulleres que deron de comer a galegas e galegos de todas as épocas.
Noticias de interese: La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Faro de Vigo.
Galería de imaxes: Cociña caseira galega.
Información adicional
Editorial | Baía Edicións |
---|---|
Colección editorial | Cociña |
Nº de páxinas | 296 |
Ilustración | Non |
Autoría | Feros, Nieves |
ISBN / EAN | 978-84-9995-233-8 |
Ano | 2010 |