
Máis vistas
A festa do entroido
SKU:4500060009
Detalles
Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea.
O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos.
Información adicional
Editorial | Nigra Trea Ediciones |
---|---|
Colección editorial | Porta De Papel |
Nº de páxinas | 95 |
Ilustración | Non |
Autoría | Cocho De Juan, Federico |
ISBN / EAN | 9788415078340 |
Ano | 2014 |