Máis vistas

Un autobús camiño da cidade

SKU:0020100020
€10,00

Dispoñible

Details:

É a viaxe ao descoñecido dun rapaz prendido as carballeiras que mira o mundo con ollos de asombro: con barro nos pés e brétema nos ollos, mais cun toque de aire fresco. Pequenos anacos significativos da súa vida nese camiñar cara ao misterio...

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

É a viaxe ao descoñecido dun rapaz prendido as carballeiras que mira o mundo con ollos de asombro: con barro nos pés e brétema nos ollos, mais cun toque de aire fresco. Pequenos anacos significativos da súa vida nese camiñar cara ao misterio, nese camiño incerto que vai despexando néboas. Sentimentos que abrollan ante situacións concretas camiño da cidade, na rúa, na escola,...

Tamén un desexo de liberdade, da busca do espazo ideal e propio, da lembranza da súa aldea perdida para sempre, das sensacións que percibiu, dos momentos que amou, das situacións que viviu,...

Historias que se moven na segunda década dos anos cincuenta: unha sociedade en paro, inmensamente agrícola, que busca unha saída como pode entre a miseria e a falta de oportunidades. Situación que forzou aos homes e mulleres do noso País a emigrar á vila, ao estranxeiro ou a transformar o campo polos seus medios. Nesta loita os adultos buscan un mundo diferente e mellor para os seus fillos ao darlles a educacións da que eles sempre careceron. E os mozos e mozas empezan a emigrar para poder estudar na vila. Neste mundo de desarraigamento, fóra da familia, enfrontado a unhas prácticas sociais e relixiosas que determinan a súa vida, nace cada un destes relatos.

Dalgún xeito todos vivimos situacións similares que foron forxando a persoa que somos.

Información adicional

Editorial Baía Edicións
Colección editorial Narrativa
Nº de páxinas 128
Ilustración Non
Autoría Rodríguez, Robustiano
ISBN / EAN 978-84-96526-68-6
Ano 2006