Máis vistas

Na Solaina

SKU:0020100023
€15,00

Dispoñible

Details:

Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada vólvese libre...

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Venda do libro electrónico AQUÍ.

Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada vólvese libre e a vista que ante nós se ofrece resulta dunha amplitude totalmente descoñecida, serena... máis reconfortante.

Ana é unha de tantas mulleres que naceran na segunda década do século XX e que viu rota a súa vida pola marcha do seu ser máis querido á outra beira do océano na procura duns pesos... e por unha guerra que nunca tiña que ter comezado... pola soidade, pola xenreira. Séntese, cando era moza, case unha nena, na obriga de abandonar a súa casa, a súa familia, coa soa idea de afastarse de todo para sempre, tentando ao mesmo tempo fuxir dos recordos que ameazaban con relala por dentro.

A cidade da Coruña acolleuna cos brazos abertos e alí permanece durante corenta anos. Consegue co tempo o seu propósito de borrar o pasado.

As circunstancias lévana de novo á súa terra. Un fortuíto accidente condúcea a un fogar da terceira idade que construíron preto da aldea que a viu nacer. Desde alí pode contemplar a diario todos os recantos nos que reverdecen outra vez, as lembranzas que cría durmidas...

Ana ten algo máis de sesenta anos...

Información adicional

Editorial Baía Edicións
Colección editorial Narrativa
Nº de páxinas 240
Ilustración Non
Autoría Vázquez Álvarez, David D.
ISBN / EAN 978-84-96893-61-0
Ano 2008