Máis vistas

Miguel Strogoff

SKU:0020000036
€19,00

Dispoñible

Details:

Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.

Detalles

Ambientada na época tsarista do imperio ruso da segunda metade do século XIX, a novela narra as aventuras do correo do tsar Miguel Strogoff, que deberá percorrer unha distancia de 5.500 km desde Moscova a Irkutsk, capital da Siberia oriental, superando unha chea de obstáculos naturais case insuperábeis e o brutal exército tártaro dirixido polo traidor ao tsar, o militar ruso Ivan Ogareff, para entregar ao Gran Duque unha mensaxe secreta que o soberano lle confiara.

Suportando todo o tipo de dificuldades e de obstáculos, sometido a humillacións e mesmo tortura durante ese longo percorrido polo enigmático e perigoso interior do continente asiático, Strogoff, convertido nun auténtico heroe, xorde como un modelo de perfección e virtude, forte e coraxudo, a quen nada nin ninguén consegue deter no cumprimento da súa misión.

Venda do libro electrónico AQUÍ.

Información adicional

Editorial Baía Edicións
Colección editorial Narrativa
Nº de páxinas 384
Ilustración Silvar, Calros
Autoría Verne, Jules. Tradución: Ánxela Gracián
ISBN / EAN 978-84-9995-052-5
Ano 2012