
Máis vistas
O espectro segue a roldar
Detalles
Xeralmente, a primeira reacción do lector contemporáneo, “liberal” e ilustrado, ao Manifesto do partido comunista é consideralo sinxela e totalmente falso desde un punto de vista empírico, tanto en relación ao cadro que pinta da situación social, como á perspectiva revolucionaria que defende e propaga. Pero canto máis domina o discurso da “mundialización”, non sendo esta outra cousa que a brutal imposición dun mercado mundial unificado que ameaza todas as tradicións culturais, incluída tamén a forma mesma do Estado-nación, a descrición que atopamos no Manifesto comunista sobre o papel social da burguesía semella máis verdadeira que nunca. E máis viva quizais que nunca porque a situación que describe elevouse hoxe en día a un estado de tensión insoportábel.
A súa lección actual é ante todo que a alternativa entre mundialización liberal e repregamento extremista é un falso dilema. Por un lado, a esperanza de que se poden resolver os antagonismos sociais mediante unha fase de desenvolvemento máis avanzado da economía capitalista e do seu equivalente político, a democracia liberal multiculturalista, é falso. Por outro, calquera retorno aos valores tradicionais (desde o fundamentalismo católico ou musulmán até a sabedoría oriental) está abocado ao fracaso, non só a causa da impotencia deses retornos fronte á voracidade do capital, senón tamén porque as tentativas que pretenden reafirmar reforzan as novas formas do capitalismo.
Introdución e tradución do francés: Francisco Sampedro.
Información adicional
Editorial | Laiovento |
---|---|
Colección editorial | Ensaio |
Nº de páxinas | 114 |
Ilustración | Non |
Autoría | Zizek, Slavoj |
ISBN / EAN | 9788484870463 |
Ano | 2004 |