
Máis vistas
A aristocracia imposíbel: o discurso político de Nietzsche
Detalles
Que a obra dun filósofo resista o paso de cen anos non ten nada de estraño. A de Platón séguese a analizar, e van alá vintecinco séculos. O que sen embargo chama a atención é a pluralidade de interpretacións que se teñen tirado da obra de Friedrich Nietzche. Ningún pensador deu tanto que falar xustamente en nome dunha ambigüidade extrema. Persoas situadas nas antípodas no tocante á súa concepción do mundo teñen sido literalmente fascinadas por ese pensamento convulso, compulsivo e ambicioso como poucos.
¿Que sentido ten hoxe un libro sobre un autor do que case todo está dito? E ¿por que sobre a súa “política” precisamente? A nosa “escusa”, o noso pretexto principal, non vai ser que a obra de Nietzsche, supostamente ben coñecida e mellor estudiada, abra un abano de posibilidades ilimitadas, entre as cales situar a nosa tentativa de interpretación. Antes ao contrario. A Nietzsche pásalle o que a outros filósofos: son célebres, sen a penas seren coñecidos. Del fálase moito, dá lugar a multitude de citas ó chou, mais xustamente por se tratar dun autor en aparencia directo, seductor en extremo e dotado dunha vea poética indiscutíbel, leuse demasiado á lixeira, producindo polarizacións arreo. O motivo do presente libro é o de tentar amosar unha certa coherencia no discurso nietzscheano verbo da política, distanciándose simetricamente das versións nazis e libertarias que del se teñen deducido. Xa que logo, aquí atoparemos certas claves para podermos entender a torsión subxacente ao discurso nietzscheano sobre a política, sen pretendermos “unificar” o pensamento daquel que precisamente presumía de ser o filósofo antidialéctico por excelencia.
Información adicional
Editorial | Laiovento |
---|---|
Colección editorial | Ensaio |
Nº de páxinas | 170 |
Ilustración | Non |
Autoría | Sampedro, Francisco |
ISBN / EAN | 9788484870029 |
Ano | 2002 |