
Máis vistas
Máxico tear natural
SKU:1500040007
Detalles
Esta obra recolle unha viaxe moi persoal por Galicia. Ao longo de 23 etapas, o autor transmítenos a súa experiencia íntima, directa e fonda coa paisaxe que o rodea: as fragas do Eume, Fisterra, Montefurado, Pambre, Cortegada, San Simón, a Raia ourensá ou o Pico Sacro son algunhas das estadías. Os bosques vizosos, os pobos dos emigrados, os cumios na brétema, os regueiros máxicos... Todos eles son interiorizados na prosa poética de Xosé Manuel Lobato. Espazos místicos, ás veces caóticos, no lindeiro entre o real e a ficción. “Máxico tear natural talvez recolle unha utopía —afirma o autor na introdución— talvez o paraíso ideal, ou unha realidade descoñecida para unha gran maioría. O libro pretende sobrevoar o herdo patrimonial de Galicia, refractada a súa realidade —e tamén idealismo— nun feixe de textos que abrollan espontaneamente dende unha perspectiva de intensos contrastes”.
Información adicional
Editorial | Alvarellos Editora |
---|---|
Colección editorial | Libro Do Sarela |
Nº de páxinas | 113 |
Ilustración | Non |
Autoría | Lobato Martínez, Jose M. |
ISBN / EAN | 9788489323667 |
Ano | 2011 |