
Máis vistas
A vitoria final
Detalles
A tenente Sigrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía cando non ten outra angueira. Mais en poucas ocasións pode rematar a lectura tranquilamente. Recibe un aviso xusto cando está a ler o clásico que conta como gañou Alemaña a II Guerra Mundial: uns cativos atoparon un cadaver nun gran canal.
Ao chegar ao lugar dos feitos decátase de que terá problemas co caso. Ao pé do corpo, alén da policía, andan unha Oberstandartenfürher das SS e os seus soldados a fisgar. Que fan alí? Só é un afogado. O cadáver non ten identificación e na man hai un papel do que termaba con forza. E o máis sorprendente: o bandullo ten embigo! Algo imposíbel na Alemaña de 2052, ano CVII da Vitoria. Non, non será un caso doado.
Información adicional
Editorial | Urco Editora |
---|---|
Colección editorial | Banda Deseñada |
Nº de páxinas | 50 |
Ilustración | Non |
Autoría | Zaldua, Iban e Rias, Julen |
ISBN / EAN | 9788415699453 |
Ano | 2014 |