
Máis vistas
A economía dos celtas da Hispania atlántica I
SKU:0870060021
Detalles
O traballo de campo de investigación etnoarqueolóxica que Kechu Torres está a realizar sobre a explotación de recursos económicos no norte da Península Ibérica desemboca nesta obra, que terá continuación nun segundo volume. Nela apórtanse interesantes datos sobre as actividades económicas dos pobos que habitaron o norte da Península Ibérica durante a Idade do Ferro. Para iso botouse man dos coñecementos arqueolóxicos, revisáronse criticamente os textos clásicos e empregáronse as técnicas da etnoarqueoloxía. Neste primeiro volume trátase a obtención de recursos naturais e o coñecemento do medioambiente antigo e a súa evolución, os cambios do clima e nos ecosistemas e cómo isto repercutía nos diferentes recursos.
Información adicional
Editorial | Toxosoutos |
---|---|
Colección editorial | Historia |
Nº de páxinas | 406 |
Ilustración | Non |
Autoría | Torres Martínez, Jesús F. |
ISBN / EAN | 9788496259188 |
Ano | Non |