
Máis vistas
Contos da Galicia romana
SKU:0870040029
Detalles
O libro propón un novo xeito de coñecer a romanización da nosa terra. A través de relatos ficticios, pero baseados sempre nas fontes históricas, literarias e arqueolóxicas, aprendemos os principais aspectos da conquista e da romanización de Galicia. Nestes contos seguimos a Teucro no seu regreso dende Troia até a ría de Pontevedra, introducímonos no castro de Santa Tegra da man dun lexionario romano, acompañamos a Xulio César na súa expedición contra os herminios, asistimos á tráxica sorte dos guerreiros do Monte Medulio, visitamos a cidade de Lugo no tempo dos romanos e contemplamos a enxeñería romana para extracción do ouro nas minas das Médulas.
Información adicional
Editorial | Toxosoutos |
---|---|
Colección editorial | Ensino |
Nº de páxinas | 78 |
Ilustración | Non |
Autoría | Lillo Redonet, Fernando |
ISBN / EAN | 9788489129986 |
Ano | Non |