
Máis vistas
Guía Ilustrada das Igrexas de Santiago de Compostela
SKU:1010150004
Detalles
Innumerables igrexas, mosteiros, conventos, pequenas capelas... compoñen hoxe a paisaxe urbana de Santiago de Compostela. Dalgunhas delas —elixidas fundamentalmente o interese espertado no artista que as ilustra, e non só polo seu interese histórico ou artístico— ocúpase brevemente este libro. En conxunto conforman un itinerario suxestivo e signicativo que mostra a beleza de Santiago e o seu profundo interese cultural e turístico, froito da súa historia estraña e singular. Móstrannolas de forma amena e profunda a erudición de Marta González e o áxil pincel de Joaquín González Dorao, de novo xuntos despois da súa exitosa Guía Ilustrada da Catedral de Santiago.
Información adicional
Editorial | El Patito Editorial |
---|---|
Colección editorial | Varios |
Nº de páxinas | 62 |
Ilustración | González Dorao, Joaquín |
Autoría | González Vázquez, Marta |
ISBN / EAN | 9788494734809 |
Ano | 2017 |