 
                                                            
                                            
                    
                                        
                    
                                        - Editorial:
- LAIOVENTO S.L.
- Ano de edición:
- 2004
- ISBN:
- 978-84-8487-036-4
- Páxinas:
- 70
- Colección:
- BREVIARIOS
- Idioma:
- Galego
AS BIBLIOTECAS DIXITAIS
CARME FERNANDEZ PEREZ-SANJULIAN / ANGELES
Aínda que no momento presente as posibilidades da Internet están a ser só albiscadas, a Rede xa está a producir fondas mudanzas nos hábitos sociais, nomeadamente en todo o que atinxe aos modos de acceder á información. As Bibliotecas Dixitais son un bo exemplo do aproveitamento da potencialidade da Internet para a difusión dos contidos culturais.
	
	Este libro pretende fornecer ao público lector unha visión de conxunto dos aspectos tecnolóxicos e sociolóxicos que teñen a ver coas Bibliotecas Dixitais. Así, tras unha primeira parte onde se explican brevemente as diferentes realidades que hoxe se recollen baixo esta denominación, as autoras centran a súa atención en cuestións de caracter máis técnico (formatos, tecnoloxía de deseño, posíbeis servizos, etc) para, finalmente, sempre desde a perspectiva multidisciplinar que orienta o libro, analizaren as características e posibilidades de tres Bibliotecas Dixitais concretas. 
 
						 
					 
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                            